O corpo técnico do primeiro equipo aproveitou a semana de parón ligueiro para organizar unha xornada lúdica e de convivencia cos xogadores. O adestramento programado para este xoves foi substituído por unha sesión de pádel nunhas instalacións de Vigo, onde se fixo patente o bo ambiente do vestiario celeste.
O equipo retomará os adestramentos o luns ás 17:00 horas nas Instalacións Deportivas da Madroa, a porta pechada.