Primeiro Equipo

Señé: “O noso obxectivo é gañar cada partido”

RC Celta

160316_RP_Señé.jpg

 

Josep Señé insistiu esta mañá en sala de prensa en que o equipo debe ir partido a partido nesta recta final do campionato ligueiro: “Imos tentar gañar o domingo, despois o seguinte partido… non nos marcamos ningunha posición. Hai que ir partido a partido”, subliñou.

 

O centrocampista celeste non se fía da traxectoria negativa da Valencia CF, “un rival de entidade aínda que non estea a pasar un bo momento” e dubida que a participación do cadro ché en Europa League páselle factura: “Notarano un pouco, pero son competicións distintas. Centraranse outra vez na liga e tentarán gañar como nós”, explicou.

 

O xogador catalán mostrouse satisfeito co seu rendemento nos minutos que tivo até agora e asegurou que continúa traballando para ter máis oportunidades, que poderían chegar moi pronto ante as baixas por lesión e sanción do equipo: “Quedan 9 partidos e estámonos xogando entrar en Europa. É importante que todos esteamos preparados ao cento por cento para estar a disposición do adestrador”, recalcou.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas