Primeiro Equipo

Cabral: “A Real é un rival directo que hai que deixar atrás”

RC Celta

160309_RP_Cabral_Web.jpg

 

Gustavo Cabral xa pensa no importante partido deste sábado ante a Real Sociedade, “un rival directo que hai que deixar atrás”. O central céltico cualifica de “esixente” o choque ante o cadro donostiarra e considera que a clave estará en manter a filosofía de xogo do Celta: “Ter a pelota, facer correra ao rival, ser protagonistas… Coa pelota imos danar”, sentenciou.

 

O arxentino recoñece que, a pesar de estar nun lugar privilexiado, o equipo ten moita marxe de mellora: “Temos unha posición moi boa, pero hai que seguir traballando. Debemos loitar por estar aí ou máis arriba”, declarou. Cabral tamén tivo palabras para o seu compañeiro Pablo ‘Tucu’ Hernández, de baixa un mes por mor dunha lesión producida durante o partido ante o Real Madrid: “Tucu veu de menos a máis e está nunha etapa moi boa. A súa lesión é unha baixa moi importante, como no seu momento foi a de Nolito”, asegurou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas