O dianteiro celeste Nolito recibiu este venres a alta médica. O futbolista andaluz adestrou con normalidade co resto do grupo e podería reaparecer este mesmo sábado en Balaídos ante o Eibar. Nolito sufriu unha rotura fibrilar do tendón do recto anterior que lle mantivo dous meses fóra dos terreos de xogo.