Primeiro Equipo

Marcelo Díaz: “Devolverei a confianza posta en min”

RC Celta

marcelo1presentacion

 

Marcelo Díaz xa é xogador do RC Celta. O internacional chileno viviu a súa presentación como xogador celeste este domingo no Estadio de Balaídos. Díaz expresou o seu agradecemento club “pola confianza a pesar de estar lesionado” e asegurou estar “no último proceso de rehabilitación”. O xogador mostrouse moi contento e motivado por debutar coa camiseta celeste canto antes.

O centrocampista estivo acompañado na súa presentación polo vicepresidente Ricardo Barros e o director deportivo Miguel Torrecilla. Barros deu a benvida a Díaz en nome do club e deulle as grazas por apostar polo proxecto do RC Celta. Pola súa banda o director deportivo subliñou que “é un xogador moi importante para a súa selección e foino en todos os equipos nos que estivo”.

“Estar aquí xérame moita ambición. Esta é a liga máis importante do mundo”, asegurou Díaz. O chileno foi recibido por numerosos afeccionados en Balaídos que lle deron unha calorosa benvida. O futbolista asinou autógrafos, fotografouse cos celtistas e repartiu varios balóns asinados. Marcelo Díaz lucirá o dorsal 5.

 

marcelo2presentacion

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas