O Celta clasificouse para os cuartos de final da Copa do Rei tras superar con autoridade ao Cádiz, que callou un bo encontro en Balaídos, pero volveu caer ante os celestes. A eliminatoria pechouse cun claro 5-0. Esta tarde anotaron Guidetti e Drazic.
Mellor posta en escena do Cádiz, que combinou ben e xerou perigo na primeira fase do encontro ante un Celta un tanto impreciso ao que lle custaba entrar no partido.
Aos 34 minutos, bo pase de Señé cara a Guidetti, quen foi derrubado polo porteiro rival. Penalti e amarela para Ballesté. O dianteiro sueco non fallou desde o once metros e adiantou aos célticos. Con ese resultado, chegou o descanso.
Tras a continuación, boas ocasións para os celestes ante un rival que en todo momento plantaba cara e tamén dispuña de boas oportunidades.
Aos 31 minutos, gran pase entre liña de Señé cara a Drazic quen picou sobre o porteiro para anotar o segundo. O Celta alcanzou sen sobresaltos os cuartos de final da Copa do Rei.
FICHA TÉCNICA
2-RC Celta: Rubén, Pape Cheikh, Diego Alende, Sergi Gómez, Planas, Radoja (Pablo Hernández, min .62), Borja Fernández (Borja Iglesias, min.51), Madinda, Señé, Draziic e Guidetti (Jonny,min.68)
0-Cádiz CF: Pol Ballesté, Cristian, Servando, Josete (Juanpe, min.77), Andrés (Juanfran, min.79), Garrido, Mantecón, Quintana, Jandro (Pávez, min.66), Álvaro García e Román (Vallejo, min.59)
Goles: 0-1, min.35: Guidetti, de penalti; 2-0, min76: Drazic
Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Borja Fernández, Diego Alende
Campo: Balaídos, 5695 espectadores