Primeiro Equipo

O Celta supera con claridade ao Cádiz na ida dos oitavos de final (0-3)

RC Celta

guidetti-cadcel-1516.jpg

 

Un Celta serio e solvente superou con claridade ao Cádiz no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei. Os célticos, moi superiores, encarrilaron a eliminatoria cun rotundo cero a tres con dous tantos de Guidetti e un de Jonny.

 

Comezo frenético no Carranza, cun ritmo altísimo e un Cádiz que presionaba arriba e dificultaba a saída de balón dos célticos, un tanto sorprendidos nos primeiros instantes pola intensidade do seu rival.

 

Os celestes foron pausando o choque, prolongando as súas combinacións e desactivando ao correúdo Cádiz, que facía un desgaste enorme na presión e chegara con perigo en diversas ocasións.

 

Aos 24 minutos, co Celta xa asentado no terreo de xogo, xa dominador, Orellana habilitou a Guidetti, quen penetrou na área e rematou con dureza para pór en vantaxe aos célticos. Os vigueses mantiveron o dominio até o descanso, pero sen ampliar a súa vantaxe.

 

Tras a continuación, o Celta implantou desde o principio o seu fútbol, cun domino absoluto do choque. E con xogadas de moito brillo. Aos 12 minutos, Jonny rematou desde a frontal, o coiro rebotó nun defensor e acabou na rede.

 

Pasada a media hora, gran xogada de Jonny, espectacular remate de chilena de Señé e o rexeite do porteiro levouno, atento, Guidetti á rede. Ampla vantaxe para o encontro de volta, en Balaídos, a semana próxima.

 

FICHA TÉCNICA

0-Cádiz CF: Pol Ballesté, Luis Pavez, Aridane, Josete, Andrés; David Sánchez, Mantecón (Álvaro, min.57), Salvi, Quintana, Fran Machado (Abel Gómez, min.74), Lolo Plá (Guiza, min.77)

 

3-RC Celta: Rubén Blanco, Jonny, Cabral (Hugo Mallo, min.46), Sergi Gómez, Planas, Radoja (Wass, min.74), Borja Fernández, Madinda, Orellana (Señé, min.60), Drazic e Guidetti

 

Goles: 0-1, min.24: Guidetti;: 0-2, min.57; Jonny; 0-3, min.79: Guidetti

 

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro, amonestou a Andrés

 

Campo: Ramón de Carranza 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas