Primeiro Equipo

O Celta, de novo con dez un tempo enteiro, suma unha valiosa vitoria

RC Celta

cel_espan_121215.jpg

 

Non tivo sorte o Celta esta tarde. Xogou, creou e marcou para gañar de maneira cómoda, pero sufriu a expulsión de Pablo Hernández no comezo da segunda metade e pouco antes a anulación dun gol legal de Bongonda. E dous remates á madeira. Iago, cun golazo, adiantou aos célticos, que sufriron só ao final e sumaron tres valiosos e meritorios puntos. O esforzo foi titánico e o premio máis que merecido

 

O Celta arrincou o choque como adoitaba, con ritmo, unha presión feroz e un enorme afán por manter a posesión. Foi, durante moitos minutos, un monólogo, aínda que as ocasións escaseaban. Pasada a media hora de xogo, cun só equipo no céspede, o Espanyol comezou a asomar e a xerar perigo. O cadro local había baixado algo o seu nivel, inevitable, e os pericos tentaron sorprender. Abriuse no tramo final un pouco o choque, con máis espazos, e os vigueses dispuxeron de boas ocasións para marcar.

 

E aos 42 minutos, xenialidade de Iago Aspas. Recibiu o coiro en tres campos de campo, conduciu, librouse cun gran caneo do seu marcador e colocou o coiro con calidade infinita por encima do porteiro. Golazo.

 

No último minuto, marcou Bogonda en posición correcta, pero o seu tanto foi anulado de maneira incomprensible. Era a sentenza.

 

Tras a continuación, duro pau. Pablo Hernández viu a segunda amarela e foi expulsado cando ían 2 minutos de xogo. Dous saltos de cabeza limpos, dúas amarelas. Iago Aspas rebentou o traveseiro pouco despois. Ao Celta torcíaselle un partido que podía ir gañando por dous goles, ou tres, co remate do moañés.

 

Os celestes aínda dispuxeron de máis ocasións para marcar, seguiron xerando fútbol e ocasións, desarbolando a un Espanyol incapaz de reaccionar. A madeira evitou un tanto de Bongonda aos 15 minutos. O Celta, con dez, era irresistible. Houbo máis polémica aínda, Hernán Pérez, que estaba amoestado, crávolle os tacos a Sergio de maneira temeraria. Nin houbo sanción. Lyuego, no tramon final, Sergio salvou ao seu equipo nun saque de esquina e Nolito tivo que ser substituído por lesión. Pape debutou no Celta, que levou unha valiosa e merecida vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Planas, Augusto, pablo Hernández, Bongonda (Borja Fernández, min.70), Orellana, Nolito (Pape Cheikh, min.86) e Iago Aspas (Guidetti, min.80)

 

0-Espanyol: Pau López. Víctor Sánchez (Asensio, min.68), V. Álvarez (Burgui, min.53), Gerard, Pape Diop, Javi López, Hernán Pérez, Fuentes, Caicedo (Mamadou, min.48), Álvaro e Raíllo

 

Goles: 1-0, min.42: Iago Aspas

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Expulsou con dobre amarela a Pablo Hernández, min,47). Amonestou a Hernán Pérez, Víctor Sánchez, Pablo Hernández, Augusto, Orellana

 

Campo: Balaídos, 17.464 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas