A expulsión de Jonny cando ían dous minutos da segunda metade foi demasiada laxa para o Celta en Sevilla. Os vigueses adiantáronse cun tanto de Bongonda e tiñan o partido totalmente controlado, pero acusaron o cansazo e encaixaron a falta de oito minutos. Nolito puido marcar ao final, pero non acertou no remate.
Nun arranque de partido trabado, con moita presión e xogo longo, Nolito e Iago Aspas gozaron dunha gran ocasión tras un roubo do gaditano nunha zona moi adiantada. Os celestes non resolveron ben un dous para dous e acabou despexando a zaga local.
Sergio desviou ben, aos 21 minutos, un bo remate desde a frontal tras un saque de esquina na primeira chegada local. Pouco despois, tras un fallo no despexe, o porteiro celeste luciuse nun man a man. E na seguinte xogada, aos 24 minutos, pase xenial de Nolito ao espazo e gran remate de Bongonda á rede.
Tras o tanto celeste, o partido volveu a embarullarse, cun Betis moi acelerado que se aplicaba no xogo directo para evitar a presión céltica e buscaba constantemente faltas para colgar balóns á área. O descanso chego tras algunha boa contra dun Celta que non pasou apuros para manter a súa vantaxe.
Tras a continuación, aos dous minutos, incrible acción. O árbitro expulsou a Jonny nunha xogada na que o colexiado entendeu que era o último defensor, a moitos metros da portaría e con Planas chegando para facer a cobertura. O partido daba un xiro radical. Debutou o canteirán Diego Alende, quen substituíu a Bongonda.
O Betis empuxou decisión, en especial nas xogadas a balón parado e aproveitando os erros celestes. O Celta aguantou ata que faltaban oito minutos. Jorge Molina rematou á rede tras unha boa combinación. Nolito tivo a ocasión de marcar a falta de catro minutos tras unha gran contra, pero o seu remate ante o porteiro rival marchouse desviado. Bo punto tras a enorme desvantaxe de xogar cun menos toda a segunda metade.
FICHA TÉCNICA
1-Betis: Dani Giménez, Piccini, Bruno, Westermann (Van der Var, min.74), Varela, Joaquín, N’Diaye (Vadillo, min.62), Petrós, Cejudo (Jorge Molina, min.54), Ceballos e Rubén Castro.
1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Jonny, Planas, Augusto, Wass, Bongonda (Diego Alende, min.50), Orellana, Nolito (Guidetti, min.87) e Iago Aspas (Borja Fernández, min.76).
Goles: 0-1, min,24: Bongonda; 1-1, min.82: Jorge Molina.
Árbitro: Hernández Hernández, do Comité das Palmas. Expulsou a Jonny con vermella directa (min.47) e amonestou a Bruno, N’Diaye, Petrós, Jorge Molina, Ceballos, Bongonda, Planas, Nolito.
Campo: Benito Villamarín.