Primeiro Equipo

Riazor pon fin á mellor serie de resultados como visitante do Celta

RC Celta

deportivocelta211115

 

Derrota no primeiro derbi galego da tempada. O Celta dominou o balón con claridade en varias fases do partido pero sen conseguir xerar grandes ocasións de gol. O Deportivo soubo aguantar o gol de Lucas Pérez e evitou que os vigueses despregasen o seu habitual pegada ofensiva. A sorte tampouco acompañou ao Celta. Nolito fallou un penalti no minuto 24 e no tempo engadido os célticos encaixaron en propia porta.

 

Primeiro tempo igualado e sen moitas ocasións de gol. O Deportivo adiantouse no minuto 22 cun tanto de Lucas Pérez. Dous minutos despois Navarro derrubou a Iago Aspas na área deportivista e o colexiado sinalou penalti. Lux estivo acertado e detivo a pena máxima executada por Nolito. Os celestes daban sensación de perigo cada vez que tiñan o balón nas súas botas, pero sen chegar a inquietar ao porteiro.

 

O Celta comezou a segunda parte dominando aínda que as ocasións claras seguían sen chegar. Sergio, e nunha ocasión o poste, evitaron que o Deportivo aumentase a súa vantaxe. Os problemas aumentaron para os vigueses coa lesión de Fontàs, quen tivo que ser sustituído. Non era o día do Celta que, cando tiraba de coraxe na recta final do partido en busca do empate, encaixou un gol en propia porta (2-0). O Celta non perdía como visitante desde a súa visita ao Madrigal o 8 de marzo de 2015.

 

FICHA TÉCNICA

2-Deportivo: Lux, Juanfran (Jonás, min.79), Arribas, Sidnei, Navarro, Cani (Fajr, min.67), Bergantiños, Mosquera, Luisinho, Lucas, Jona (Laure, min.74)

 

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás (Planas, min.58), Jonny, Augusto, Wass, Pablo Hernández (Guidetti, min.72), Orellana, Nolito, Iago Aspas

 

Goles: 1-0, min.22: Lucas Pérez; 2-0, min.93, propia porta: Jonny

 

Árbitro: Álvarez Izquierdo, do colexio catalán. Amonestou polo Deportivo a Navarro, Lucas Pérez, Mosquera, Luisinho e Juanfran; polo Celta a Pablo Hernández, Jonny e Nolito

 

Campo: Riazor

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas