Primeiro Equipo

O Celta cree e medra para asaltar Anoeta

RC Celta

real_cel_311015.jpg 

 

O Celta soubo refacerse até en dúas ocasións dunha efectiva Real Sociedade e sumou unha gran vitoria nun campo “maldito”. Os vigueses foron superiores ao seu rival, despregaron xogo e ocasións para gañar e fixérono cun dobrete de Iago Aspas e un golazo impresionante de Pablo Hernández.

 

Aguirretxe arrefriou de golpe o bo arranque dun Celta que dominaba á Real con autoridade. O ariete cabeceou á rede un centro desde a esquerda. Até ese minuto, o once, o equipo celeste había monopolizado a posesión cun xogo veloz e vertical.

 

Aos 15 minutos, claro penalti sobre Iago Aspas non sinalado. E uns segundos despois, o canteirán desviou un remate de Radoja para anotar o máis que merecido empate.

 

Aos 36 minutos, arrancada de Yuri, centro e remate a gol de Aguirretxe ao primeiro toque. A Real exhibía unha enorme efectividade e non necesitaba ademais elaborar o máis mínimo. Aos 40 minutos derrubo na área a Pablo Hernández que o colexiado tampouco sinalou. Os célticos acabaron sufrindo ao final dunha estraña primeira metade.

 

Tras a continuación, monólogo celeste até o minuto 10: Iago Aspas cabeceou á rede un gran centro de Wass para igualar de novo o choque. Nolito puido marcar o terceiro, pero entretívose en exceso ante a meta rival e acabou despexando un defensor. Iago Aspas lanzou desviado a falta de pouco máis de 10 minutos nunha posición privilexiada. Gran ocasión. E pouco despois, Guidetti lanzou alto fronte á portaría e con Rulli batido. Oportunidade de ouro para gañar o partido.

 

A falta de dous minutos, Pablo Hernández anotou o gol da noite, un tanto espectacular, cun golpeo majestuoso desde 20 metros, para, por fin, adiantar aos célticos. Golazo para sumar unha merecida e valiosa vitoria.

 

 

FICHA TÉCNICA 

2-Real Sociedad: Rulli, Mikel, Illarra, M.Bergara, Iñigo, Agirretxe (Jonathas min.84), X. Prieto, Carlos Vela, Zurutuza (Bruma, min.56), Yuri, Zaldua

 

3.RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Jonny, Radoja, Wass, Pablo Hernández, Orellana (Madinda, min.90), Nolito (Planas, min.92), Iago Aspas (Guidetti, min.82)

 

Goles: 1-0, min.11: Aguirretxe; 1-1, min.16: Iago Aspas; 2-1, min.36: Aguirretxe; 2-2, min.55: Iago Aspas; 2-3, min.88: Pablo Hernández

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Radoja, Pablo Hernández, Jonny, Zaldúa, Illarramendi

 

Campo: Anoeta

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas