Primeiro Equipo

Keylor Navas e unha expulsión acaban coa imbatibilidade do Celta

RC Celta

orellana-celmad-1516

 

Non foi o día do Real Club Celta, que mereceu moito máis, pero topouse cun enorme Keylor Navas, unha demoledora eficacia do Real Madrid na primeira metade, con dous goles en dous remates, e unha pronta e incomprensible expulsión na segunda. Os vigueses tentárono sen desmaio, pero careceron de fortuna en ataque e só Nolito cun golazo espectacular, acurtou distancias no tramo final. Gran imaxe dun conxunto arroupado de maneira inconmensurable pola afección.

 

O Celta perdeu o balón nos primeiros compases e pagouno moi caro. Aos 8 minutos, desaxuste defensivo e balón no segundo pau para Ronaldo, quen anotou cun forte derechazo. Os vigueses apenas puideran entrar en contacto co coiro. Fixérono pouco despois de encaixar cunha boa combinación entre Orellana e Nolito e remate alto do gaditano.

 

Os célticos reaccionaron ben ao pau do gol e comezaron a despregar o xogo que identifica a este equipo. Boas chegadas e intervención maxistral de Navas salvando un bo remate de Orellana.

 

Cando mellor estaba o Celta, aos 22 minutos, chegada illada do Madrid aproveitada por Danilo, quen chegou só e marcou ante Sergio. Duro castigo para un conxunto que buscaba o empate con ambición e xa dominaba o choque.

 

Navas salvou unha vez máis ao seu equipo, xa antes fíxoo en varias ocasións, aos 39 minutos cun paradón a Iago Aspas tras unha xogada brillante de Nolito. O porteiro madridista era de longo o mellor do seu equipo. Pouco despois, aos 42 minutos, volveu lucirse tras unha falta lateral e bo cabezazo de Pablo Hernández. O gardameta salvou ao Madrid, que chegou ao descanso cunha clara vantaxe e sen intervencións de Sergio.

 

Tras a continuación, Orellana lanzou con rosca desde a frontal, pero non atopou portaría por pouco. O Celta arrincaba con ganas e fe e o partido era xa un constante ida e volta. Orellana lanzou desviado tras un gran pase de Pablo Hernández a Nolito e gran cesión deste ao chileno. Excelente ocasión perdida. Tras esta xogada, o colexiado desequilibrou o choque cunha segunda amarela a Cabral por unha mínima protesta. Nesa xogada, Pablo Hernández, Augusto e Iago Aspas foron amoestados?.. Pouco despois viuna Nolito por outra protesta.

 

Marcelo salvou baixo os paus un remate de Nolito aos 26 minutos. Unha xogada que deixaba claro que non era o día dos célticos. Navas volveu aparecer de novo para salvar unha boa xogada de Iago Aspas, a quen arrebatou o coiro dos pés. Nolito, a falta de cinco minutos anotou o gol da noite. Golazo espectacular desde a frontal, colocando o coiro na escuadra. Guidetti puido empatar pouco despois, pero o seu remate saíu lixeiramente desviado. Gran imaxe céltica na súa primeira derrota da tempada.

 

FINAL

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Wass (Radoja, min.66), Pablo Hernández (Planas, min.80), Nolito, Orellana (Guidetti, min.80), Aspas.

 

2-R. Madrid: Navas, Danilo, Ramos, Varane, Marcelo, Kroos, Casemiro, Modric (Nacho, min.79), Lucas Vázquez, Jesé (Cheryshev, min.70), Ronaldo.

 

Goles: 0-1, min.8: Ronaldo; 2-0, min.22. Danilo; 2-1, min.84: Nolito; 1-3, min.95: Marcelo.

 

Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Expulsou con dobre amarela a  Cabral (56’) e amonestou a Augusto, Iago Aspas, Nolito, Pablo Hernández; Lucas Vázquez.

 

Campo: Balaídos, 25.513 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas