O Celta non puido pasar do empate sen goles nun partido duro e trabado ante un correúdo e ordenado Getafe. Os celestes expuxeron máis, pero non logaron bater a un moi acertado Guaita.
Cinco minutos tardou o Celta en arrincar. E outro cinco en gozar dunha gran ocasión, con remate de Iago Aspas á madeira. Pouco despois, Nolito cabeceou fóra por moi pouco noutra gran chegada celeste.
O Getafe xunto liñas e presionou ben a saída de balón dos célticos, que tiveron que aplicar moita paciencia para poder xerar perigo. O Rival, moi ordenado e serio, tamén buscaba a meta de Sergio con ambición. Ao descanso, non houbo goles en Balaídos nun partido moi complicado para os vigueses.
Tras a continuación, o choque foise trabando cun adversario duro e contundente. Aos 10 minutos, a bancada pediu penalti por unha derriba a Iago Aspas na área, pero non houbo castigo.
Guaita desviou aos 18 minutos un gran remate de Nolito. Pouco despois desbaratou outra gran chegada celeste, con remate final de Nolito que rozou a escuadra. O Xetafe pido marcar á contra a falta de 20 minutos, pero Sergio estivo acertado co pé para desviar o coiro. O Xetafe pechouse no tramo final e Guaita desbaratou as ocasións celestes. Non puido ser, empate sen goles.
FICHA TÉCNICA
0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Bongonda, min.90), Orellana, Pablo Hernández, Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.74).
0-Getafe: Guaita; Alexis, Vergini, Lafita (Moi Gómez, min.77), Álvaro (Stefan, min.68), Sarabia (Buendía, min.74), Vigaray, Víctor R., Damián, J. Rodríguez e Medrán.
Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Nolito, Vergini, Vigaray, Buendía, J. Rodríguez.
Campo: Balaídos, 18.301 espectadores.