O club vigués estrena o seu perfil oficial na rede social, unha nova vía para achegarse á afección celeste
O RC Celta dá un novo paso para fortalecer e mellorar o seu vínculo coa afección celeste a través das redes sociais. A entidade viguesa conta desde este martes cun perfil oficial en Instagram a través do que compartir fotografías e imaxes cos internautas celtistas. Instagram é unha das redes sociais máis populares do momento, cunha gran presenza de futbolistas célticos, e unha importante vía para interaccionar cos afeccionados.
Sigue a conta oficial do RC Celta en Instagram: www.instagram.com/realclubcelta