A LFP adianta a xornada 17, na que o Celta recibe ao Athletic, do 3 de xaneiro ao 30 de dicembro
Novo cambio no calendario de Liga. A LFP adianta a xornada 17 de Primeira División, na que o Celta recibe ao Athletic Club en Balaídos, do 3 de xaneiro ao 30 de decembro. Como consecuencia, as xornadas posteriores adiántanse unha semana e o final de tempada será o 15 de maio.