O RC Celta xa coñece os horarios para os seus enfrontamentos ante Sevilla, FC Barcelona e Eibar
A LFP confirmou os horarios para as xornadas 4, 5 e 6 de Primeira División. O Celta visita o Sánchez Pizjuán o domingo 20 de setembro para medirse ás 12 do mediodía ao Sevilla FC. Tres días despois, o mércores 23 de setembro, o FC Barcelona enfróntase aos celestes ás 20h en Balaídos. Para completar unha semana cargada de fútbol, o Celta acode ao campo do Eibar, Ipurua, o sábado 26 de setembro ás 22h, un encontro que se retransmite en aberto a través de Teledeporte.