O Celta mídese esta tarde ao Rio Ave e Paços Ferreira na localidade portuguesa
O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 20 xogadores para o triangular que o Celta disputa esta tarde na localidade portuguesa de Vila do Conde ante Rio Ave e Paços Ferreira. O torneo, que se celebra no estadio do Rio Ave FC, comeza ás 19:00 hora española. Cada un dos encontros terá unha duración de 45 minutos.
A lista completa fórmana: Sergio, Rubén, Fontàs, David Costas, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Pablo Hernández, Radoja, Madinda, Augusto, Wass, Señé, Orellana, Bongonda, Iago Aspas, Guidetti, Borja Fernández, Jordan e Pape.
Hugo Mallo e Nolito continúan no parte médico e Planas sofre unha sobrecarga.