Primeiro Equipo

O Celta empata ante o Nürnberg nun intenso choque

RC Celta

nuremberg_celta_19715.jpg

Borja Iglesias e Iago Aspas anotaron los tantos celestes nun bo test de pretempada (2-2)

 

Bo Segundo test de pretemporada para un Celta que segue crecendo. Topouse a un rival cun gran poderío físico, que aplicou moita intensidade e atopouse cun gol a favor aos 3 minutos de partido. Os celestes, superiores, empataron na primeira metade cun gran gol de Borja Iglesias. Iago Aspas anotou no tramo final e Behrens empatou a falta de 4 minutos.

 

O partido empezou costa arriba. Aos 3 minutos Schopf anotou tras varios rexeites na área. Os locais superaron en intensidade aos celestes nos primeiros instantes, pero poucos minutos tardou o conxunto celeste en acomodarse e dominar por completo o partido.

 

Os vigueses acumularon oportunidades para o empate ante un rival de gran físico, con poderío por arriba, unha defensa contundente e unha presión feroz. Superouna, aos 41 minutos, unha xogada máxica iniciada por Radoja, con Bongonda e Wass na continuación e Borja Iglesias no remate final á rede. Golazo para un merecido empate.

 

Tras a continuación, cun once case totalmente renovado, só repetía Sergi Gómez, Aspas a punto estivo de anotar nos primeiros instantes tras un bo pase de Pablo Hernández. Pouco despois, intercambio de papeis, Iago asistiu e o Tucu rematou alto desde a frontal. A meta local repeleu, aos 17 minutos, un bo disparo de Señé desde o bordo da área. O Celta dominaba e tentábao sen desmaio.

 

No tramo final, moita intensidade, con boureo incluído. Finalmente, Iago Aspas enganchou un bo envío desde a esquerda para anotar cun bo remate de primeiras, pero o conxunto local logrou empatar a falta de 4 minutos tras un barullo na área.

 

FICHA TÉCNICA

2-F.C.Nürnberg: Kirschbaun, Hovland, Bulthuis, Blum, Burgstaller, Muhwald, Stark, Behrens, Gislason, Schopf y Petrak. También jugaron: Rakovsky, Polah, Sylvester, Koch, Kutschke, Evseev e Fullkrug.

 

2-R C.Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Borja Fernández, Wass, Jordan, Bongonda y Borja Iglesias. En la segunda mitad jugaron Sergio, Diego Alende, Fontás, Sergi Gómez, Planas, Augusto, Pablo Hernández, Orellana, Rioja, Señé e Iago Aspas.

 

Goles: 1-0, min.3: Schopf; 1-1, min.41: Borja Iglesias; 1-2, min.82: Iago Aspas; 2-2, min.96: Behrens.

 

Foron amonestados Borja Iglesias, Augusto, Luis Rioja, Orellana, Behrens, Stark.

 

Waldstadion: uns 3.000 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas