Primeiro Equipo

O Celta arranca a xira de partidos con goleada

RC Celta

GREUTHER-borjaiglesias.jpg

Superou con claridade ao Greuther Furth no primeiro partido de pretempada (1-5)

O Celta arroiou no seu primeiro partido de pretemporada ao Greuther Furth, equipo ordenado e voluntarioso, pero que non puido frear a maxia céltica en ataque. Calor intensísimo e bo ambiente no test de debut dos vigueses.

Arrincou mellor o cadro local ante un Celta en plena rodaxe e que se atopou cunha calor asfixiante que mesmo provocou algunha interrupción do xogo para que os xogadores puidesen hidratarse. Os celestes sufriron ao principio ante un rival con mellor estado físico e moi voluntarioso que mesmo estrelou un remate no traveseiro de Rubén. Pero aos 17 minutos, maxia na zona de ataque cunha gran internada de Borja Fernández e unha xenial combinación na área que culminou Borja Iglesias entrando só no segundo pau.

 

Aos 30 minutos, de novo gran combinación arriba e remate cruzado de Orellana á rede. A superioridade celeste, ante un adversario que pagaba o seu esforzo inicial, reflectíase no marcador. O conxunto vigués axustouse, adaptado, e superaba con claridade ao cadro anfitrión.

 

Tras a continuación, Caliguri fallou no despexe e marcou en propia porta para aumentar a vantaxe celeste. Pouco despois, aos 11 minutos, un centro de Welandt moi pechado acabou na rede.

 

Os vigueses, xa moi superiores, anotaron o cuarto enseguida. Augusto enganchou un rexeite na frontal e anotou cun potente remate coa dereita. E Señé marcou o quinto tras un gran pase de Iago Aspas. Wass lanzo un a falta de maneira espectacular ao traveseiro? Os vigueses eran un ciclón, aínda que no tramo final levantaron un pouco o pé do acelerador e deron aire ao seu rival.

 

FICHA TÉCNICA

1-Greuther Furth: Mielitz, Rocker, Hofmann, Giebelmann, Gjasula, Freis, Caliguri, Tripic, Zulj, Wurtz y Stiepermann- Tambiñen jugaron Thesker, Trinks, Welandt, Sukalo, Kumbela, Berisha, Schad, Lam, Franke, Maderer e Trybull.

5-R.C.Celta: Rubén, H.Mallo, S.Gómez, Fontàs, Planas, B.Fdez, Yelko, Tucu, Orellana, Rioja e Iglesias. En la segunda mitad jugaron Sergio, Jonny, Costas, Cabral, Diego Alende, Wass, Augusto, Bongonda, Señé, Jordan e Iago Aspas.

Goles: 0-1, min. 17: Borja Iglesias; 0-2, min.30: Orellana: 0-3, min.50: Caliguri en propia porta; 1-3, min.56: Welandt; 1-4. Min.61: Augusto; 1-5, min.63: Señé.

Árbitro: Wolfgang Stark. Amonestou a Pablo Hernández.

Campo: Trolli-Arena.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas