O dianteiro sueco incorpórase ao traballo no primeiro día de concentración dos celestes en Alemaña
O dianteiro sueco John Guidetti xa adestra co resto dos seus compañeiros de equipo. O internacional Sub-21 incorporouse onte pola noite á concentración do equipo en Fürth e participou na primeira sesión de traballo do Celta en terras alemás.
O conxunto adestrado por Eduardo Berizzo disputa esta mesma tarde ante o Greuther Fürth o seu primeiro encontro de pretemporada, un amigable que se poderá seguir en directo a través de celtatv.interoud.tv (sinal só dispoñible en territorio español).