Primeiro Equipo

Daniel Wass: reforzo versátil e de calidade para o mediocampo celeste

RC Celta

wassfirma01.jpg

O internacional danés asina por 4 anos e convértese no segundo reforzo para a 15/16

 


VÍDEO DA SINATURA EN CELTA TV


 

O Real Club Celta pechou a incorporación do seu segundo reforzo para a tempada 2015/2016. Trátase do centrocampista Daniel Wass, internacional danés que chega procedente do Évian francés e que será futbolista celeste as próximas 4 tempadas.

 

Wass (1989, Dinamarca) é internacional absoluto coa Selección de Dinamarca, coa que participou en 13 partidos incluíndo a Eurocopa de 2012, e ao longo da súa carreira foi convocado por todas as categorías inferiores da selección danesa, desde a Sub-16 ata a Sub-21.

 

Estreouse nas divisións profesionais en 2008 co Brondby e, tras unha breve cesión no Fredrikstad noruegués, regresou ao seu club de orixe onde mellorou o seu rendemento até converterse nun dos futbolistas máis relevantes do plantel.

 

En 2011 o Benfica fichou a Wass e cedeuno ao Évian que, en xuño de 2012, fíxose cos dereitos do xogador. Durante o tres tempadas que defendeu a camiseta do conxunto francés, Wass ofreceu a súa mellor versión até o momento. O internacional danés destacou pola súa incrible polivalencia, un bo golpeo de balón e a súa capacidade goleadora. En 133 participacións co Évian rexistrou 23 goles e 12 asistencias.

 

wassfirma02.jpgwassfirma03.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas