
Os celestes disputarán a Fase Final, que se celebra en Mareo a mediados de xuño
O Real Club Celta Cadete proclamouse esta mañá na Madroa campión da Fase Nacional Intermedia da Copa Coca Cola e participará na Fase Final que se disputará en Mareo entre os días 12 e 14 do próximo mes de xuño. Os celestes impuxéronse nos dous encontros que disputaron ante Real Oviedo e Bansander.
Por outra banda, Cantabria foi a vencedora no apartado de seleccións, no que tamén participaron Galicia e Asturias.
| 
 Real Club Celta – Real Oviedo  | 
 2-1  | 
| 
 Bansander – Real Club Celta  | 
 0-1  | 
| 
 Real Oviedo S.A.D. – Bansander  | 
 1-2  |