O canteirán foi ovacionado por un Balaídos que resoouao berro de ‘Grazas Capitán’
Esta tarde en Balaídos Borja Oubiña dixo adeus á súa etapa como futbolista. O canteirán celeste recibiu o sonoro agarimo do celtismo, que demostrou todo o seu afecto por un xogador que durante toda a súa carreira demostrou profesionalidade e orgullo polas cores do RC Celta.
Os xogadores do club vigués e os do Espanyol fixeron un corredor a Oubiña, que recibiu de mans do presidente a insignia de ouro e brillantes da entidade mentres se despregaba unha pancarta conmemorativa na nova bancada de Tribuna. As sorpresas non terminaron aí. A muller do futbolista céltico apareceu no terreo de xogo xunto ao fillo de ambos para entregarlle unha camiseta moi especial: a elástica celeste Adidas para a tempada 2015/2016. A peza destaca por un deseño sinxelo e elegante que combina o celeste e o branco e cun corte vintage moi atractivo.