p>
O canteirán protagonizou esta mañá unha emotiva rolda de prensa sobre o céspede de Balaídos
ROLDA DE PRENSA ÍNTEGRA EN CELTA TV
Esta mañá Borja Oubiña ofreceu unha rolda de prensa sobre o céspede de Balaídos na que anunciou a súa retirada do fútbol profesional e na que estivo acompañado polo presidente, o consello de administración, directores e empregados do club e o corpo técnico e xogadores do primeiro equipo.
Carlos Mouriño dedicou unhas emotivas palabras ao canteirán celeste, do que asegurou que “sempre será o noso capitán”. Pola súa banda, Oubiña asegurou levar dentro “o seu sentimento e orgullo polo club” e agradeceu á afección “o seu apoio e comportamento”. O centrocampista céltico colga as botas levándose consigo recordos indelebles: “Xogar Champions co Celta é histórico, momentos do día a día, unha partido clave contra o Xerez na que xogaron 9 canteiráns e que foi o inicio do regreso a Primeira…”. Oubiña despediuse recoñecendo que lle doe “non poder ser o mellor que puiden” e coa seguridade de que “o Celta seguirá sendo parte da miña vida”.