O seleccionador Luis de la Fuente incluiu ao canteirán celeste na lista de convocados definitiva
Pape Cheikh, canteirán do RC Celta e xogador do Xuvenil A, forma parte da convocatoria definitiva da Selección Española Sub-19 que disputará Rolda Elite do 29 de maio ao 3 de xuño en Tbilisi (Xeorxia). O combinado español acode a esta cita internacional co obxectivo de quedar primeiros no seu grupo para así conseguir unha praza na Fase Final da próxima Eurocopa, que se celebra este ano en Grecia.
O calendario do Minitorneo de Elite Sub-19 é o seguinte:
29/05/2015
14.00 h. PORTUGAL – TURQUIA
17.00 h. ESPAÑA – XEORXIA
31/05/2015
14.00 h. ESPAÑA – TURQUIA
17.00 h. XEORXIA– PORTUGAL
03/06/2015
17.00 h. PORTUGAL – ESPAÑA
17.00 h. TURQUIA – XEORXIA