Os vigueses, valientes e ambiciosos, mereceron máis ante un sólido líder (0-1)
Gran partido do Celta ante un Barcelona que levou a vitoria por unha xogada de estratexia na segunda metade e que desfixo un empate que fixese xustiza á proposta e o fútbol dos celestes. Os vigueses, que tiveron boas ocasións para marcar, acabaron con 10 xogadores pola expulsión de Orellana no tramo final.
O Celta compareceu con valentía, tratando de combinar con pausa en zonas atrasadas e acelerar as súas accións arriba. Bo arranque dos celestes, que ademais defendían con velocidade e solvencia. Aos 10 minutos, gran xogada de Nolito con remate cruzado de Larrivey que Bravo sacou cunha gran parada.
Sergio respondeu con igual axilidade e pouco despois a un remate de Messi desde a frontal na primeira chegada do Barcelona, que tras esta xogada tomou o control do choque, aínda que sen excesiva profundidade. Tívoa o Celta nalgunhas accións, como nunha de Nolito ao bordo da media hora de xogo. O celeste caeu na área ante Bravo nunha xogada polémica que acabou sen sanción. O vigueses seguían fieis ao seu estilo, tratando de levar o peso do choque ante un rival que tamén busca sempre a posesión.
No tramo final, os locais recuperaron a iniciativa, con boas xogadas en ataque e unha gran seriedade atrás. Larrivey marcou aos 42 minutos, pero o tanto foi anulado por fura de xogo previo de Orellana. O ariete rematou pouco despois por encima do traveseiro tras outra deixada do chileno nunha gran ocasión para un Celta que realizaba un xogo magnífico.
Tras o descanso, o Celta volveu achegarse con perigo, sempre a través dun gran fútbol. Nolito a punto estivo de marcar aos 9 minutos cun remate ao primeiro pau que saíu desviado. O partido, vibrante, tiña ida e volta, con opcións para ambos os equipos.
Con vinte minutos de xogo, o Barcelona logrou desactivar aos celestes, que perderon o balón e víronse obrigados a defender moi atrás ante o empuxe do conxunto visitante. Hugo Mallo e Charles asustaron a Bravo en dous fulgurantes ataques celestes, pero o Barcelona acertou a balón parado aos 28 minutos. Mathieu cabeceou á rede unha falta lateral para adiantar aos culés.
Pau para os célticos, protagonistas nas dúas anteriores xogadas de perigo, pero que se vían por baixo no marcador por unha acción illada tras un esforzo enorme e un bo puñado de boas ocasións para marcar.
Os celestes fóronse cara arriba en busca dun empate que merecía, pero non lograron o seu obxectivo, máis aínda cando quedou con 10 pola expulsión de Orellana no tramo final. Gran partido, pleno de esforzo e ambición dos célticos, que acabaron con q0 xogadores pola expulsión de Orellana.
FICHA TÉCNICA
0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, min.67), Pablo Hernández (Santi Mina, min.83), Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, min.69)
1-F.C.Barcelona: Bravo, Dani Alves, Piqué Matheu, Adriano, Busquets, Iniesta (Pedro, min.73), Rafinha (Xavi, min.57), Neymar, Messi e Luis Suárez (Rakitic, min.86)
Goles: 0-1, min.28: Mathieu
Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Expulsou a Orellana con vermella directa (min.87) e amonestou a Kronh-Dehli, Luis Suárez e Busquets
Campo: Balaídos, 23.759 espectadores. Antes do comezo do partido o club e o celtismo homenaxearon ao piragüista galego David Cal, quen recentemente anunciou a súa retirada da competición. O mellor deportista olímpico español da historia recibiu unha camiseta celeste e unha metopa conmemoratva e realizou o saque de honra desde o centro do campo