Primeiro Equipo

Jonny Castro xoga 90 minutos na vitoria da Sub-21 ante Noruega

RC Celta

sub21-260315.jpg

Outro canteirán celeste, o gardameta Rubén Blanco, tamén forma parte da convocatoria

 

O canteirán e xogador do primeiro equipo Jonny Castro foi titular e disputou os 90 minutos no partido amigable entre as seleccións Sub-21 de España e Noruega. O encontro, disputado no Estadio Municipal de Cartagonova (Cartaxena), finalizou cun resultado 2-0 a favor do conxunto español.

 

Outro futbolista do primeiro plantel céltico, o tamén canteirán Rubén Blanco, exerceu de porteiro suplente. A Sub-21 española disputará o vindeiro luns 30 de marzo outro amigable, ante Bielorrusia, en León.

 

Fotografía: Eidan Rubio (sefutbol)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas