Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

O Celta B cae en Barreiro por un erro no primeiro minuto de xogo - RC Celta
Hemeroteca canteira

O Celta B cae en Barreiro por un erro no primeiro minuto de xogo

RC Celta

celta_b_compos_web_22215.jpg

O Compostela adiantouse aos 30 segundos e soubo frear aos celestes, que non tiveron fortuna nas súas ocasións

O Celta B pagou un erro aos 30 segundos de xogo e caeu pola mínima ante un correoso e ordenado Compostela. O filial intentouno sen desmaio durante todo o partido, pero non aproveitou as súas ocasións para levarse un empate que mereceu.

O peor comezo posible: Con apenas 30 segundos de xogo, balón ás costas da defensa celeste e man a man que Yacine non desaproveitou. Varapalo para o filial cando aínda nin quentara.

Os vigueses encerraron ao seu rival nos minutos seguintes, con varias chegadas sen consecuencias. O Compostela defendía con orde e buscaba repetir a fórmula, roubos e balóns longos ás costas da zaga local.

O dominio céltico, persistente, era ineficaz e arriscado, xa que a ambición do filial abría atrás espazos para as contras dun Compostela moi pechado en defensa.

Aos 30 minutos, boa ocasión para un insistente Celta B. Exhibición de control e visión de xogo de Borja Domínguez, pase entre liñas e centro desde a liña de fondo sen rematador por centímetros.

Ata o descanso, empuxe celeste sen premio.

Trala reanudación, o Compostela tratou de alargar as súas posesións para evitar o claro dominio celeste anterior e desactivar aos locais, que non atopaban o xeito de superar a ordenada zaga rival.

Aos 10 minutos, bo remate cruzado de Borja Igrexas que detivo con seguridade Marqueta. O Compostela, en moitas accións demasiado duro, trataba de enfriar o choque e Javi López buscou reacción cun dobre cambio ofensivo. O empate puido chegar aos 25 minutos cun bo balón desde a esquerda que Borja Iglesias non puido empuxar á rede.

O filial apertaba con ganas e merecía un empate que se lle resistía, pero non acaba de aproveitar as súas ocasións, difíciles de fabricar ante un rival ordenado e correoso. Os vigueses intentárono sen éxito ata o final e sufriron unha dolorosa derrota.

0-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, Casas (Goldar, min.63), Samu, Borja Domínguez, Borja Fernández (Luis Rioja, min.64), Señé. Jordan, Pucheta (Omar, min.64) e Borja Iglesias

1-Compostela: Marqueta, Yosu, Alcañiz, Catú, Jimmy, Marcos, Manu Rodríguez, Lemos (Teles, min.60), Iván Pérez, Borja (Jordan, min.75)  e Yacine (Mensha, min.79).

Goles: 0-1, min.1: Yacine

Árbitro: López Fernández-Montes, do comité madrileño. Amonestou a Borja Fernández, Omar, Borja Domínguez, Catú, Yacine, Yosu, Alcañiz, Lemos e Manu Rodríguez

Campo: Barreiro, uns 1.000 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas