Os pequenos recibiron con ilusión e alegría aos xogadores e técnicos celestes
O Real Club Celta e a Fundación desfrutaron unha vez máis dun dos actos máis emotivos para ambas entidades xogadores e corpo técnico, a visita aos nenos ingresados na Planta de Pediatría do Hospital Xeral de Vigo. A totalidade do plantel celeste, técnicos e dirixentes acudiron a esta tradicional e entrañable cita navideña na que os nenos e nenas ingresados regálanlles sorrisos e ilusión.
Os futbolistas celestes visitaron aos pequenos nas súas habitacións, onde asinaron autógrafos e entregáronlles distintos obsequios da Fundación Celta de Vigo, entidade organizadora da visita ao hospital vigués.
Trátase dun evento sempre especial para o club e para os integrantes do primeiro equipo, quen agradecen a oportunidade de levar algo de ledicia a uns nenos ingresados nunhas datas moi significativas para eles.