Na sesión preparatoria a porta pechada non estarán Álex López e Santi Mina, que participan en ‘Champions for Life’
O primeiro equipo do Real Club Celta retomará os adestramentos este luns tras pouco máis dunha semana de vacacións de Nadal. Os celestes se exercitarán nas instalacións deportivas da Madroa a partir das 16.30 horas a porta pechada. Nesta sesión preparatoria non estarán Santi Mina e Álex López, que participarán no partido Champions for Life, que se disputa este luns ás 19.00 horas no Estadio Vicente Calderón.
Este encontro, organizado pola LFP e Unicef, reúne a algúns dos mellores futbolistas da Liga BBVA e da Liga Adelante co obxectivo de celebrar a vida e conseguir fondos para protexer aos nenos e garantir a súa supervivencia.