O central arxentino tamén sofre unha contusión no nocello esquerdo
Os servizos médicos do club determinaron que Gustavo Cabral sofre unha contusión no nocello esquerdo e unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo, aparentemente de baixo grao. Mañá luns valorarase a súa evolución e o martes podería realizarse unha resonancia magnética. O central céltico estará de baixa previsiblemente entre 7 e 10 días.