Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Excesivo castigo para un Celta B sen sorte - RC Celta
Hemeroteca canteira

Excesivo castigo para un Celta B sen sorte

RC Celta

escudogrande.jpg

O Oviedo goleou 5-1 ao filial celeste. Primeira derrota da tempada como visitante

O Celta B presentouse no Carlos Tartiere cun currículo como visitante inmaculado con catro vitorias e cero derrotas no que vai de tempada. Con todo, os celestes non puideron dar continuidade a esta boa serie ante un Oviedo que axuntou pegada e fortuna para levar o tres puntos cun resultado excesivamente avultado para os visto sobre o terreo de xogo: 5-1.

O partido arrincou cos locais apertando forte no ataque e xerando ocasións de perigo, pondo a proba a un Óscar Santiago que reaccionou moi ben ante os primeiros remates ovetenses pero que pouco puido facer na xogada do 1-0, na que Linares batio ao porteiro cántabro cun tiro á media volta.

Lonxe de vir abaixo, os pupilos de Fredi Álvarez saíron a por o gol do empate, que ben puido chegar catro minutos despois do tanto local cando Samu asistiu a Borja Igrexas, quen non acertou a rematar entre o tres paus. As oportunidades para os célticos seguiron chegando nos seguintes minutos, pero a sorte non estaba ao lado vigués, ao que se sumaba unha boa actuación de Esteban na portaría do Oviedo.

Tras a continuación Samu tivo o tanto da igualada nas súas botas. Con infortunio, a xogada finalizou cunha contra dos asturianos que supuxo o 2-0, de novo obra de Linares. No minuto 65 a expulsión de Borja Domínguez por segundo cartón amarelo puxo aínda máis complicadas as cousas para os canteiráns da Madroa. Os celestes, a pesar de todo, non cejaron no seu empeño por marcar e mantiveron o nivel de entrega e sacrificio até o minuto final.

Os goles, no entanto, chegaban ao lado azul. Linares, en estado de graza, anotou unha gran diana desde o centro do campo, un tanto co que culminaba o seu ‘hat-trick’. Minutos despois Borja Iglesias recortou distancias no marcador, pero a mala sorte aliouse co Oviedo e, no minuto 85, Soto desviou un balón a propia porta. Xa sobre a bucina Omgba realizou o quinto gol carbayón.

O encontro pechouse cun 5-1 a favor do Real Oviedo, resultado desmedido xa que o Celta B fixo méritos para, cando menos, regresar a Vigo cun resultado moito menos avultado. O filial céltico medirase a outro conxunto asturiano, o Sporting de Gijón B, este domingo ás 12:00 no Campo de Barreiro.

FICHA TÉCNICA

5-REAL OVIEDO: Esteban; Nacho López, Vila, Sergio Sánchez, David Fernández; Susaeta, Jon Erice, Omgba, Señé (Sergio García, min 57); Héctor Font (Eneko, min 70) e Linares (Diego Cervero, min 82)

1-CELTA B: Oscar, Soto, Javi Rey (Yelko, min 65), Goldar, Samuel, Luis Rioja, De Amo (Thaylor, min 78), Borja Domínguez, Jordan, Omar Santana (Puchetta, min 65) e Borja Iglesias

Árbitro: Alemán Pérez, comité canario. Amonestou con tarxeta vermella, por dobre amarela, a Borja Domínguez (min 55 y 65) e con tarxeta amarela a Thaylor (min 78) e Goldar (min 80).

Goles: 1-0, min 20. Linares; 2-0, min 49. Linares; 3-0, min 72. Linares; 3-1, min 73. Borja Iglesias; 4-1, min 86. Soto (pp); 5-1, min 89. Omgba

Campo: Carlos Tartiere

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas