O canteirán xogou de inicio no partido de clasificación á Copa África ante Burkina Faso
O canteirán celeste Levy Madinda foi titular con Gabón no partido que onte enfrentou ás “Panteiras” coa selección de Burkina Faso e que finalizou con empate (1-1).
Os gaboneses mantense ao frente do Grupo C na fase de clasificación para a Copa de África 2015. A semana pasada Madinda tamén xogou de inicio noutro partido clasificatorio para o torneo africano, tamén ante Burkina Faso, no que a selección do centrocampista celeste venceu por 2-0.