Tucu Hernández, determinante no empate de Chile ante a selección de Bolivia
Michael Krohn-Dehli, centrocampista danés do RC Celta, foi titular e disputou os 90 minutos do intenso choque que onte enfrontou a Dinamarca e Portugal en Copenhague e que finalizou con vitoria ‘in extremis’ dos portugueses (0-1). Krohn-Dehli ofreceu unha actuación destacada nun encontro de máxima importancia, puntuable para a clasificación á Eurocopa de 2016.
Pola súa banda, Pablo “Tucu” Hernández foi determinante no amigable que a súa selección, Chile, disputou onte ante Bolivia (2-2). O colexiado pitou un penalti sobre o xogador celeste, no campo desde o minuto 87, e que suporía o gol da igualada para os chilenos.