A resonancia realizada onte revela unha escordadura postero-lateral no xeonllo esquerdo do xogador
O central Andreu Fontàs sofre unha escordadura postero-lateral no xeonllo esquerdo, tal e como revela a resonancia realizada onte no Hospital Vithas Fátima. Tras coñecer os resultados da proba, os servizos médicos do club determinaron unha baixa dunhas tres semanas.