p>
Os serbios clasifícanse tras vencer a España, na que estaban convocados Sergi Gómez e Jonny
Nemanja Radoja con Serbia e Sergi Gómez con España repetiron titularidade no partido de volta da eliminatoria entre ambas as seleccións, clasificatoria para a próxima Eurocopa Sub-21. A transcendencia deste encontro era máxima tras o empate sen goles co que se saldou a ida o pasado venres en Serbia.
O combinado balcánico adiantouse no marcador no primeiro tempo e mantivo a vantaxe até o minuto 91, cando España logrou empatar o resultado con xustiza. A ilusión do conxunto español por lograr a remontada pouco durou, xa que tan só un minuto despois Serbia marcou o definitivo 1-2 á contra. Con esta vitoria os serbios aseguran a súa presenza na Eurocopa 2015.
Sergi Gómez mantívose no terreo de xogo ata o asubío final, mentres que Radoja foi substituído no minuto 84 e o canteirán celeste Jonny presenciou o choque desde o banco español. O tres internacionais reincorporaranse aos adestramentos do RC Celta este xoves na Madroa.