O defensor céltico Jonny, tamén convocado polo combinado español, estivo no banco de suplentes
Os xogadores do RC Celta Sergi Gómez, Jonny e Radoja atopáronse esta tarde no partido de ida da transcendental eliminatoria entre España e Serbia, clasificatoria para a próxima Eurocopa Sub-21. Sergi Gómez co combinado español e Radoja co serbio foron titulares e participaron no partido ata o asubío final, un choque que finalizou sen goles. O canteirán celeste Jonny Castro presenciou o encontro desde o banco da Selección Española.
A eliminatoria decidirase no partido de volta, que se disputará en Cádiz o vindeiro martes 14 de outubro.
FICHA TÉCNICA
0-SERBIA: Dmitrovic, Petkovic, Veljkovic, Pantic, Petrovic, Kovacevic (Srdan, min.81), Radoja, Causic, Kostic, Pesic (Uros, min.87) e Srnic (Cavric, min.67).
0-ESPAÑA: Kepa, Sergi Gómez, Muniesa, Manquillo, Alberto Moreno, Saúl Ñíguez, Sergi Roberto, Muniain (Óliver Torres, min.76), Deulofeu (Sarabia, min.69), Isco e Morata.
Sen goles
Campo: Estadio Cidade de Jagodina (Serbia)