A ecografía desvela un progreso adecuado da lesión: dúbida para o sábado e podería xogar o martes
A ecografía realizada hoxe polos servizos médicos do Real Club Celta ao xogador Augusto Fernández desvelan unha boa evolución da lesión, unha rotura fibrilar de grado II no aductor esquerdo. O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, explicou que “houbo un progreso adecuado na curación muscular, co que é de esperar que o xogador poida causar alta o fin de semana. É dúbida para o partido do sábado, pero si podería estar para o do martes”.