Balaídos acollerá o partido da xornada 3 o sábado 13 de setembro ás 22:00 horas
O RC Celta xogará ante a Real Sociedad en Balaídos o sábado 13 de setembro ás 22:00 horas, tras dar a coñecer a LFP as modificacións de horarios da xornada 3 de Primeira División.
Tamén sofre variación o partido entre Málaga CF e Levante UD, que pasa a disputarse o sábado 13 de setembro ás 18:00 horas.