Os integrantes das categorías inferiores foron presentados no descanso do partido ante o Getafe
A afección do Real Club Celta recibiu con gran agarimo aos equipos das categorías inferiores do club, presentados durante o descanso do partido deste domingo ante o Getafe. Desde o benxamín B ata o filial, xogadores e adestradores foron ovacionados polo celtismo en Balaídos, en cuxo terreo de xogo apareceu finalmente unha palabra formada polos propios integrantes dos diferentes conxuntos da base celeste que ten un significado especial para seguidores e club: canteira.