O club segue garantindo o futuro celeste dos seus grandes valores
CELTA TV: http://t.co/sDwnWknE1D
O Real Club Celta pechou hoxe a renovación dun dos seus grandes valores do primeiro equipo, o canteirán Hugo Mallo, quen será xogador do conxunto vigués as próximas cinco tempadas. Desta maneira, o club continúa garantindo o futuro celeste dos seus futbolistas con maior proxección e, por tanto, o do equipo. “O Celta é o club da miña vida”, destacou o canteirán.
Hugo Mallo, (Marín, 22 de xuño de 1991), chegou á canteira do Real Club Celta en categoría infantil e deu o saltou ao primeiro equipo cando aínda xogaba no conxunto xuvenil.
O canteirán, internacional en diversas categorías, expresou a súa satisfacción por esta renovación de contrato e a extensión do seu futuro no Celta: “Para o meu sigue sendo o primeiro estar no Real Club Celta, que é o club da miña vida”.
Indicou que o Celta é “o que me deu a oportunidade de crecer como acode e como futbolista e estou moi contento. Oxalá que sexan moitos máis anos aquí”.