O Celta pechou esta tarde a renovación do que fora máximo goleador do equipo a pasada campaña
VÍDEO EN CELTA TV: http://t.co/yq2QP4C3rk
O Real Club Celta e o dianteiro Manuel Agudo, Nolito, selaron esta tarde o acordo para a renovación do futbolista, que será celeste o cinco próximas tempadas. O club garante desta maneira a continuidade do que fose máximo goleador do equipo a pasada campaña, na que anotou catorce tantos. “Estou moi feliz e espero devolver a confianza depositada en min no terreo de xogo”.
O Real Club Celta e Nolito rexeitaron ofertas que supuñan o pago da cláusula de rescisión e no caso concreto das xogador cantidades economicamente moi superiores á que percibe no conxunto céltico.
Tras a firma do contrato, Nolito expresou a súa satisfacción polo acordo alcanzado e subliñou que “supón unha felicidade moi grande para min, para a miña muller e o meu fillo. Estou moi contento, moi feliz. A xente tratoume moi ben desde o principio e o Celta era a miña primeira opción”.
“O club fixo un esforzo para que renovase e estou feliz de poder seguir se Deus quere moitos anos no Celta”, engadiu o dianteiro celeste, quen indicou que “tentarei devolver a confianza que depositaron en min xogando ben e tentando facer goles”.
Apuntou que “tentar darlle moitas alegrías tanto á directiva, como ao club, como á afección e á miña familia” e recoñeceu que “xa temos ganas de que empece a liga sobre todo en casa. Estamos nun bo momento de forma e temos moitas ganas de que chegue este primeiro partido”.