O Real Club Celta pechou hoxe a ampliación de contrato do portero galego
O Real Club Celta pechou hoxe a ampliación de contrato ao canteirán Sergio Álvarez, que será porteiro celeste ata xuño de 2016.
“Sigo cumprindo unha das miñas ilusións, un dos meus soños de neno, que é defender a camiseta do Celta en Primeira División”, asegurou o gardameta de Catoira, quen se declarou “orgulloso e moi satisfeito” tras ampliar a súa vinculación co club vigués.
Sobre a nova campaña que está a piques de arrincar, o xogador galego asegurou que a afronta “con moitas ganas e optimismo” e destacou ao celtismo como clave no desenvolvemento da competición: “Temos que lograr que a afección senta orgullosa de nós e conseguir que gocen dunha boa tempada”.