O arxentino revivirá a final do Mundial ante Alemaña e o chileno medirase a México e Tahití en EEUU
Os celestes Augusto Fernández e Fabián Orellana, mundialistas na pasada Copa do Mundo, manteñen a súa presenza nas convocatorias de Arxentina e Chile respectivamente. O futbolista arxentino concentrarase coa súa selección a partir do 1 de setembro para participar no partido que a albiceleste xogará o día 3 do mesmo mes ante Alemaña, vixente campiona do mundo. Apenas mes e medio despois da conclusión do torneo mundialista, a cidade xermana de Dusseldorf revivirá a final da edición disputada en Brasil.
Pola súa banda, o chileno Fabián Orellana unirase á súa selección tras a segunda xornada de Primeira División, na que o RC Celta mídese ao Córdoba no Estadio Nuevo Arcángel (sábado 30 de agosto, 19:00 horas). O combinado nacional de Chile viaxará a EEUU para enfrontarse a México o 6 de setembro en Santa Clara (California) e a Haití o día 9 do mesmo mes en Miami.
1 de setembro: Alemaña-Argentina (Dusseldorf)
6 de setembro: México-Chile (Santa Clara, California)
9 de setembro: Chile-Haití (Miami)