Plantel e corpos técnico e médico foron presentados antes do Memorial Quinocho
O estadio de Balaídos foi escenario esta tarde da presentación do Real Club Celta ante a súa afección, un acto que culminou coa foto do plantel e corpos técnico e medico acompañando ao presidente do club, Carlos Mouriño.
Os integrantes do plantel, que foron saíndo dun nun desde o túnel de vestiarios, recibiron o apoio e o agarimo dunha afección, á que dirixiron palabras de agradecemento polo seu apoio Carlos Mouriño, o adestrador, Eduardo Berizzo, e o segundo capitán Hugo Mallo, en ausencia do convalecente Borja Oubiña.