O RC Celta e o club inglés pecharon hoxe o acordo polo traspaso do futbolista
O centrocampista Jota Peleteiro xogará a próxima tempada no Brentford FC, conxunto que milita na Football League Championship de Inglaterra unha vez o RC Celta e o club inglés pecharon o acordo polo traspaso do futbolista.
O RC Celta quere expresar o seu agredicimiento a Jota pola súa profesionalidade e esforzo ao longo de todos os anos que vestiu a elástica celeste. O xogador galego formouse na canteira do club vigués, á que chegou con 14 anos. No seu percorrido ata chegar ao primeiro equipo contribuíu a alcanzar algúns dos logros recentes do fútbol base céltico, como o subcampionato da Copa de Campións Xuvenil en 2009.
O club deséxalle ao centrocampista o maior dos éxitos na súa nova etapa, tanto no profesional como no persoal.