Primeiro Equipo

Oubiña viaxa a Barcelona para someterse a unha limpeza articular

RC Celta

borjaoubina-columna.jpg

A invervención realizarase este martes coa presenza do Dr. Cota, xefe dos servizos médicos

 

O capitán do primeiro equipo, Borja Oubiña, viaxa este luns a Barcelona para someterse mañá a unha limpeza articular do seu xeonllo esquerdo. Por desexo do canteirán celeste, a intevención será realizada no Hospital Quirón polo Dr. Cugat, xa que este foi o especialista responsable da última operación no xeonllo do xogador galego.

 

O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, desprazarase á cidade condal desde a concentración do primeiro equipo en Inglaterra para supervisar a operación e participar no seu desenvolvemento.

 

Máis información: O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos, explica a situación do capitán celeste”


RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas