O estadio pontevedrés de Pasarón acollerá o derbi galego o 13 de agosto. Entradas entre 10 e 20 euros
Esta mañá presentouse o amigable que RC Celta e Deportivo da Coruña disputarán o próximo 13 de agosto no estadio pontevedrés de Pasarón e cuxa recadación irá destinada integramente á promoción do fútbol base. No acto, celebrado no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, estiveron presentes Carlos Mouriño, presidente do RC Celta; Constantino Fernández, presidente do RC Deportivo da Coruña; Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF e Rafael Louzán, presidente da deputación.
Pasarón acollerá o mércores 13 de agosto o regreso do derbi galego, un partido cuxa recadación irá destinada ao fútbol base. Os afeccionados poderán gozar dun atractivo partido entre RC Celta e Deportivo da Coruña, encontro que non se celebra desde a tempada 2012/2013. Os organizadores estableceron uns prezos populares (20€ en Tribuna, 15€ en Preferencia, 10€ nos fondos) e o acceso gratuíto para as nenas e nenos de ata 12 anos. A hora de inicio do choque, pendente de confirmación, está prevista para as 21:30.
As entradas poranse á venda a partir da próxima semana, coa colaboración do Pontevedra CF.