Boa imaxe do Celta no seu debut en pretempada, aínda que con derrota desde o punto de penalti
Intensa calor, ambiente espectacular, co estadio practicamente cheo, con 55.000 espectadores nas bancadas e un Celta que na primeira metade ofreceu boa imaxe e dispuxo de varias ocasións para marcar.
O cadro local, poderoso fisicamente, presionou arriba e tratou de asfixiar a saída de balón dos vigueses, que buscaron na velocidade de balón a solución. Ben nesta faceta, os célticos chegaron con claridade á área rival en diversas ocasións.
Coa lóxica falta de frescura e aínda en plena fase de axuste e mellora, o Celta puxo intensidade e ambición para superar ao correúdo Constantine, que tamén buscou nalgunha ocasión a área de Sergio, aínda que sen perigo.
A ocasión máis clara para os celestes chegou aos 20 minutos cun remate ao pau de Krohn-Dehli, quen recibiu un bo pase interior de Nolito e lanzou coa zurda á madeira. Santi Mina e Larrivey tamén puxeron en apertos á zaga local.
Tras a continuación, con Charles por Larrivey, o Celta mantivo o seu empuxe, pero topouse enseguida cun contratempo. O árbitro sinalou, aos 13 minutos, penalti a favor dos locais e Boulemdais Hamza acertou.
Eduardo Berizzo foi introducindo cambios aos poucos para refrescar ao equipo e manter o principal obxectivo do partido, mellorar a posta a punto. A segunda metade ofreceu menos ocasións e máis baixo ritmo, pero sempre con sensacións positivas.
FICHA TÉCNICA
1-C.S. Constantine: Dahmane, Bahri, Bouhenna, Rouarah, Bencherifa, Guerabis, Samelir, Rani, Zobiri, Nbaye y Messadia
0-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Fontás, Levy, Krohn-Dehli, Santi Mina, Nolito y Larrivey. También jugaron Charles, Yelko, Samuel, Borja Fernández, Fernán e David Costas
Goles: Boulemdais, 1-0 (min.59, de penalti)
Campo: Stade Chahid Hamlaoui