Os celestes pechan con este título unha temporada inesquecible. O Celta Benxamín A foi subcampeón
O Celta Alevín A proclamouse onte Campión Galego da súa categoría ao vencer ao Areosa por 0-2 na final, disputada na Coruña. Os celestes mostraron unha gran superioridade, patente sobre todo na semifinial ante o EF Lalín, partido que finalizou cun 9-0 a favor dos vigueses.
O conxunto adestrado por Álex Otero pecha desta forma unha tempada magnífica na que foron campións de Liga, campións galegos e participaron en torneos nacionais e internacionais, como o BlueBBVA en Perú.
O Celta Benjamín A tamén chegou á final do campionato galego. Os pequenos canteiráns, que superaron en semifinais ao Orillamar (2-1), caeron ante o Deportivo da Coruña no partido polo título. Os benxamíns plantaron cara ao rival con gran entrega e sacrificio, pero un penalti en contra nos minutos finais apartoulles da vitoria (4-2).
O club felicita aos xogadores e técnicos do Celta Alevín A e o Celta Benxamín A, non só polos seus magníficos resultados nestas finais dos campionatos galegos, senón polo esforzo e ilusión co que traballaron ao longo de toda a tempada.
Foto: Twitter de Álex Otero (@AlexOteroLopez), adestrador do Celta Alevín A